Cara a cara #484: David Jiménez + 'Días salvajes'
Sab | 17:00 | 17:29
'Dias salvajes' é unha ficción absolutamente real. Un mozo, herdeiro dunha dinastía de banqueiros, provoca un accidente kamikaze tras unha noite de festa desbocada. É o punto de partida de 'Dias salvajes', a última novela de David Jiménez, autor de éxitos como 'El director' o 'Diarios del opio'. Este correspondente, reporteiro e columnista recoñécenos que ao escribir ficción tampouco pode afastarse da verdade. Así, desfila a España de inicios do século XXI coas súas desigualdades, as súas contradicións, os seus excesos, a política, o poder, o diñeiro e todo iso que se cociña en lugares tan cobizados como os palcos dos grandes clubs de fútbol: "o niño do poder de España é o palco do Santiago Bernabeu" e dio a quen se encargou dirixir durante un ano o diario El Mundo.
Está tamén a impunidade de quen ten eses poderes e de quen non contan con eses resortes e teñen que confiar nas decisións da Xustiza. Para completar estes 'Dias salvajes' o duelo leva parte importante desta novela "sobre a coraxe de vivir" e para iso preparouse David Jiménez participando en terapias de grupo con pais que perderan aos seus fillos; unha circunstancia que lle dá un incuestionable realismo ao relato.