![Cara a cara #140: Alexandre Morán 'Elvis Presley'](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/8c5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5c1bcc6315-20181220-patxot-conversas-imitador-elvis-radio-3198.jpg)
Cara a cara #140: Alexandre Morán 'Elvis Presley'
Mér | 21:00 | 21:24
Alexandre Morán ten 26 anos, é pontevedrés e ten fixada a súa residencia actualmente en Palma de Mallorca. Cambiou o Atlántico polo Mediterráneo porque na illa balear o seu traballo tiña máis posibilidades de éxito. É un artista tributo de Elvis Presley. O próximo 5 de xaneiro a súa ilusión non estará posta nos Reis Meigos senón no rei do rock and roll e en Birmingham: no concurso europeo de artistas tributo de Elvis Aaron Presley.