![Cara a cara #130: Jorge Reynolds Pombo](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/f13/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5bbf444d6f-20181011-patxot-radio-cara-a-cara-reynolds-pombo-marcapasos-1492.jpg)
Cara a cara #130: Jorge Reynolds Pombo
Mér | 21:00 | 21:35
Jorge Reynolds Pombo tiña 22 anos cando inventou o primeiro marcapasos. Aquela creación pasa por ser un dos cen inventos máis importantes da Historia e nestas seis décadas de aplicación salvou a vida a máis de 70 millóns de persoasno mundo.
E que fai este bioingeniero científico en Pontevedra? Neste 2018 cúmprense 250 anos do nacemento do seu antepasado, Francisco José de Caldas, 'O Sabio Caldas' quen pasa por ser o primeiro científico de Colombia e figura transcendental para a súa independencia. Con tal motivo Caldas de Reis e Colombia desenvolven un calendario de actos conmemorativos que trouxeron a este visionario a Galicia por primeira vez.