![Cara a cara #392: Care Santos máis 'El loco de los pájaros'](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/8be/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/64770be07f-care-santos-1.jpg)
Cara a cara #392: Care Santos máis 'El loco de los pájaros'
Mér | 17:00 | 17:20
'El loco de los pájaros' leva a finais do século XIX e principios de XX a través da biografía do seu protagonista, Eugene Schieffelin. Un rico neoyorkino amante dos paxaros a quen a autora, Care Santos, rescata da historia porque este home viviu realmente. Un norteamericano afeccionado á ornitoloxía e a Shakespeare. Un home que quixo que diversos paxaros de Europa tamén habitasen en Nova York. E fíxoo. Aínda que os seus soños filántropos non pasaban pola realidade que supoñen estas aves na actualidade. É unha novela que difire das novelas que asina a escritora catalá e responde a que "obedece a un momento moi distinto porque sen a pandemia non existise. Escribina nunha época en que non podiamos saír de casa e dalgunha maneira proxectaba desexos e necesidades que todos tiñamos".