![Cara a cara #213: Sara Abilleira](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/57d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5fabb26993-sara-abilleira-autora-resistire-el-musical-rem-entertainment-33pd.jpg)
Cara a cara #213: Sara Abilleira
Mér | 21:00 | 21:13
A pontevedresa Sara Abilleira estreou este novembro o seu primeiro musical. Escribiu 'Resistiré' antes de que se instalase a pandemia e por tanto, antes de que a canción do Dúo Dinámico pasase a ser un himno e tamén un tedioso recordo do confinamento domiciliario. O Espazo Raro, no recinto Ifema madrileño, é o emprazamento no que están a ofrecer estas funcións. Por agora o musical non contempla facer xira, pero ela ten a ilusión de poder ofrecer este musical na súa cidade, Pontevedra. Un musical que como tal resulta "unha festa constante" cunha revisión aos 80 e 90.