![Cara a cara #195: Víctor Efrén Castro](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/f12/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5e6924aa6f-5e690f9677-20200311-saiz-povivaradio-cara-a-cara-victor-castro-0012.jpg)
Cara a cara #195: Víctor Efrén Castro
Mér | 21:00 | 21:18
Víctor Efrén Castro Cereijo presenta o seu primeiro libro de poemas 'Caderno de bitácora. Itinerario dun intranauta desorientado' (Libros Indie). Este mozo pontevedrés non está vinculado ao ámbito das Letras, academicamente falando, claro. É licenciado en Ciencias de Actividade Física e do Deporte, exerce como profesor en Mondariz, adestrador de balonmán e tamén foi xogador da devandita disciplina deportiva. Así que nos atopamos con dúas variables que non adoitan ir na mesma ecuación. Poesía e deporte.