![Cara a cara #246: Alexandra Carrera](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/e88/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/6160834565-20211008-patxot-cara-a-cara-radio-alexandra-carrera-5710-b.jpg)
Cara a cara #246: Alexandra Carrera
Lun | 17:00 | 17:26
Pastora Soler e o mismísimo Joaquín Sabina foron noticia polas consecuencias do medo escénico. Un episodio que tamén viviu e acaba de superar Alexandra Carrera, protagonista deste podcast. É vilagarciá e cantante profesional.
Formouse en escolas en canto e danza e accedeu á Escola de Artes Escénicas de Víctor Ullate en 2015. Formou parte da Gospel Living Water e aquí en Galicia da Orquesta Gran Parada. Ten participado en concursos televisivos como o Rising Star de Portugal; no OT Fest, o Festival de Operación Triunfo; o pasado 2020 en Got Talent e este ano en 'A liga dos cantantes extraordinarios' da TVG.