![Cara a cara #234: Trilitrate e 'Está de grelo'](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/0b8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/60a52e530a-60a5241b58-20210519-patxot-radio-tilitrate0775.jpg)
Cara a cara #234: Trilitrate e 'Está de grelo'
Mér | 21:00 | 21:18
'Está de grelo' é o terceiro traballo discográfico do grupo pontevedrés Trilitrate e que presentaron este pasado 14 de maio. Falamos con Elena Vázquez, violinista da formación; Marcos Padrón, acordeonista e Rubén Abad, o guitarrista. Un novo disco que soa a diferentes raíces, a música sen fronteiras e con múltiples identidades. Traen unha "festa rachada" coa interpretación de 'Saturnais'.