
Cara a cara #336: Ícaro
Sab | 17:00 | 17:35
Javier Gago é un docente caldense que tamén compón rock duro. Nesta faceta o seu alter ego é Ícaro. En 2021 editou os seus dous primeiros EPs: 'Cenizas' e 'Esquirlas' e este outono lanzou 'Incendios' con catro temas. Neste caso buscou voces colaboradoras co compostelán Héctor Ojeda de Battosai, Germán González de Skunk DF, Jorge Vileilla de Vírgen e Cristian Machado de Lions at the Gate. Para a masterización escollía a Mike Kalajian de Rogue Planet.
Antes de chegar Ícaro pasou por varios grupos: For Home Use Only, We Are Dust e Locust & Orchids, sempre como vocalista. Chegou a quedar finalista na segunda edición dos Premios Martín Códax da Música con 'Chrysalid9'. Este 'Incendios' que desprende metal, hardcore, unha leve electrónica ou rock melódico ten tamén un duro transfondo en forma de recadación solidaria. Os ingresos que xera en plataformas dixitais son para o labor investigador que desenvolve a AECC.
Foto: Mónica Patxot