![Cara a cara #371: Helena Egea](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/623/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/642ac61a6a-foto_oficial_noroeste_guitarra-1-.jpg)
Cara a cara #371: Helena Egea
Ven | 17:00 | 17:14
Ten vinte e cinco anos e aposta pola música. A pontevedresa Helena Egea, estudou violín no Conservatorio de Pontevedra e de forma non regulada aprendeu voz e a tocar piano e guitarra. Tamén é compositora e as súas referencias están en mulleres como Aretha Franklin, Ella Fitzgerald, ou Janis Joplin; por iso é polo que os seus xéneros atópeos no soul, o blues, o jazz e o rock. En 2020 obtivo un dos Premios á Xuventude da Deputación de Pontevedra, en 2022 outro da Fundación Paideia e da radio comunitaria Cuac FM. Está a traballar na pre produción do que será o seu primeiro EP.