![Cara a cara #147: Enrique Valero](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/6ad/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5c646bb4e0-20190213-patxot-enrique-varela-cara-a-cara-radio-2277.jpg)
Cara a cara #147: Enrique Valero
Mér | 21:00 | 21:26
"As luces vermellas están a acenderse e con sirenas. Está a pasar algo serio e hai que tomar medidas". Enrique Valero, Doutor Enxeñeiro de Montes, refírese con estas palabras á presenza cada vez máis frecuente e numerosa de animais de especies salvaxes en contornas urbanas, dígase xabarís, raposos, lobos, corzos, etc... En Lugo xa se tiveron que tomar medidas urxentes para erradicar a presenza de xabarís na cidade. Víronse lobos preto das urbes como Santiago e estes días en PontevedraViva deuse conta da presenza dunha parella de raposos na antiga leira do Teucro, e mesmo pasear pola noite a un deles pola Alameda.