![Cara a cara #35: Fernando González, Gonzo](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/32f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/583e9d0327-20161125-patxot-gonzo-radio-cara-a-cara-003.jpg)
Cara a cara #35: Fernando González, Gonzo
Mér | 21:00 | 21:15
Fernando González González, Gonzo, é vigués. Un vigués que decidiu estudar xornalismo e licenciouse na Universidade de Salamanca. Aquel xornalista novel comezou a súa andaina na súa comunidade natal traballando para Radio Nacional e TVE Galicia. Vestido con traxe negro e lentes da mesma cor, o seu nome entra na memoria colectiva grazas a Caiga Quien Caiga. Logo viría El método Gonzo e outra etapa na TVG.
2010 comezou coa súa fichaxe por El Intermedio da Sexta, e aí segue poñendo rostro e voz ao xornalismo social. Esa deriva profesional a extrapola ao ámbito persoal, e non dubidou en exercer de "embaixador" do Banco de Alimentos para a recente Gran Recollida 2016. Fernando González, Gonzo, atendía a chamada de PontevedraViva Radio antes de enfundarse o chaleco de voluntario do Banco de Alimentos de Pontevedra.