![Cara a cara #250: José Maquiera. Á pesca de salmón en Islandia](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/0ca/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/617a8e5089-maquieira-listado.jpg)
Cara a cara #250: José Maquiera. Á pesca de salmón en Islandia
Lun | 17:00 | 17:29
Para José Maquieira Cores a pesca recreativa é o seu traballo e a súa afección. Creceu nun dos negocios con soleira de Pontevedra e levárono a pescar por primeira vez con tan temperá idade, que lle custa fixar exactamente a memoria. A súa última viaxe para practicar a pesca do salmón salvaxe levouno o pasado setembro ata Islandia.
Realizou todas as pescas posibles e de todas queda coa do salmón. Relátanos anécdotas que viviu pescando, da afección nesta cidad e do río Lérez. Preguntámoslle ademáis por un par de normativas que suscitaron o malestar entre os afeccionados á pesca deportiva.