![Cara a cara #335: Mauro Lomba](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/d84/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/63931a1020-0a-radio.jpg)
Cara a cara #335: Mauro Lomba
Ven | 17:00 | 17:31
Este sábado 10 de decembro o Espazo Nenomon de Villa Pilar acolle a súa última actividade pública. Unha conferencia organizada polo Ateneo e que correrá a cargo do artífice deste lugar, o arquitecto Mauro Lomba. Despois de dez anos nese emprazamento vai a "baixar a pé de rúa, a un local no centro histórico, no Camiño Portugués. Vou ser un artesán máis da cultura e a arquitectura entre o comercio local". O novo proxecto manterá o mesmo nome, acollerá o seu estudo de arquitectura e seguirá sendo un espazo cultural.
Foto: Mónica Patxot