![Cara a cara #242: Noctilucas e ardora](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/14b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/613a3e84c7-6138aee7c0-ardora-3.jpg)
Cara a cara #242: Noctilucas e ardora
Xov | 17:00 | 17:18
Falamos con Francis co Rodríguez Hernández, investigador do Instituto Español de Oceanografía no seu centro de Vigo, socio da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica e colaborador de Oceanógrafas de Galicia.
Fálanos da noctiluca, un organismo mariño que provoca a coloración laranxa da auga do mar e que estes primeiros días de setembro púidose ver nas Rías Baixas. Pola noite son as responsables da denominada ardora ou mar de ardora, producindo unha luminiscencia azulada. Fran Rodríguez divulga a través do seu blogue, Fitopasión, onde tamén se pode atopar un recente post sobre esta cuestión da que nos falou.