![Cara a cara #226: As miniaturas de Ángela Paz](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/323/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/6050b1162b-20210316-patxot-angel-paz-miniaturas-radio-1172-portada.jpg)
Cara a cara #226: As miniaturas de Ángela Paz
Mér | 21:00 | 21:34
Descubrimos unha afección de Ángela Paz - Premio Cidade de Pontevedra en 2017 e presidenta da Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal ( ASSEII). O miniaturismo, recreacións que realiza absolutamente fieis á Historia con pezas de 15 milímetros - menos que o diámetro dunha moeda dun céntimo de euro -.
De todos os traballos de miniaturismo que leva realizados só conserva dous. Un deles achegouno ata PontevedraViva Radio. A recreación da Confraría do Noso Pai Jesús coa Cruz ao Lombo portando os pasos do Cristo do mesmo nome e do Cristo Yacente.