![Cara a cara #316: Rede Ibérica do Patrimonio Gráfico](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/a97/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/63512bb01c-388093_10150362770996386_1215281020_n.jpeg)
Cara a cara #316: Rede Ibérica do Patrimonio Gráfico
Sab | 12:00 | 12:17
Os rótulos comerciais son elementos da paisaxe urbana que falan do que foron e agora son as cidades e os seus barrios. Teñen interese desde varios prismas artísticos: tipográfico, de deseño, fotográfico, arquitectónico,... Por razóns como estas en 2020 fundouse a Red Ibérica en Defensa del Patrimonio Gráfico.
Charlamos con Ana Cocho Bermejo, arquitecta galega que a comezos da década do 2000 comezou a documentar os rótulos comerciais da Coruña. Ese inxente traballo fixo que contactase co Colexio de Arquitectos de Galicia, que interesados, publicárono en papel ('Rotulados'). Forma parte da Rede e como ela, hai arquitectos, deseñadores, fotógrafos... todo tipo de perfís cuxo nexo é "divulgar que é un patrimonio que hai que protexer, gardalo e catalogalo e mesmo, rescatalos para que non perezan".