![Cara a cara #45: Sés](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/959/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/589b0802c3-20170207-patxot-radio-ses-cara-a-cara-004.jpg)
Cara a cara #45: Sés
Mér | 21:00 | 21:28
Afirma que tiña vocación docente pero, desde que irrompeu no panorama musical galego co seu primeiro álbum en 2012, Sés é unha cantautora en progresiva proxección. Unha mágoa para posibles alumnos, pero unha auténtica sorte para a cultura. De ideas perfectamente "amobladas" e fiel aos seus principios. Está de xira co seu cuarto traballo "Opoñerse á extinción". O 11 de febreiro ofrece un concerto no Pazo da Cultura de Pontevedra e antes, compartiu este Cara a cara en PontevedraViva Radio.