![Cara a Cara #276: Día Mundial do Párkinson - Begoña Cerqueiro](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/d49/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/624dbb574b-20220406-patxot-cara-a-cara-begona-cerqueiro-parkinson-2076.jpg)
Cara a Cara #276: Día Mundial do Párkinson - Begoña Cerqueiro
Dom | 17:00 | 17:32
O 11 de abril está adicado ao Día Mundial do Párkinson. Unha enfermidade neurodexenerativa á que nos achegamos con Begoña Cerqueiro, presidenta da Asociación Provincial (APROPARK) e que pertence á Federación Española de Párkinson. Unha doenza de causalidade sen determinar, que se adoita manifestar a partir dos 55 anos, cuxa sintomatoloxía e evolución é moi diversa e rodeada de tópicos.
Falamos ademáis do traballo que desenvolven desde a Asociación cun total de 160 pacientes actualmente. Sete persoas conforman a directiva de APROPARK e as sete son mulleres.
Fotografía. Mónica Patxot