![Cara a cara #295: Sofía Bernárdez e o 'Numero descoñecido'](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/f4b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/62b0993787-0a-radio-20220620-patxot-sofia-bernardez-6476.jpg)
Cara a cara #295: Sofía Bernárdez e o 'Numero descoñecido'
Mér | 17:00 | 17:15
Sofía Bernárdez Vilas é alumna de 3º de ESO no Colexio A Inmaculada de Marín. É a gañadora da sexta edición do concurso literario intantil e xuvenil sobre protección de datos que convoca o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
O traballo presentado por Sofía, titulado 'Número descoñecido' narra a historia dunha menor que contacta por teléfono, supostamente, cun mozo da súa idade... e ata aquí avanzamos porque é unha historia que relata integramente a súa autora e reproducimos neste podcast.
Fotografía: Mónica Patxot