![Cara a Cara #219: 20 aniversario de Adicam](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/f59/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/6006dee22e-75c48294-29ae-4610-943b-f83ef30fc2af.jpg)
Cara a Cara #219: 20 aniversario de Adicam
Mér | 21:00 | 21:17
A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico, ADICAM, cumpre o seu vixésimo aniversario de actividade. Comezaron o seu labor no Morrazo, pero actualmente e desde fai tres anos tamén dispoñen de sede en Pontevedra e Vigo. Contan ademais con máis de mil setecentas persoas asociadas na provincia. Falamos coa súa presidenta, Olga Sotelo Pastoriza.