![Cara a cara #241: Miguel García González](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/eb9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/610d2d81d7-20210806-patxot-miguel-garcia-radio-cara-a-cara-0553-ok.jpg)
Cara a cara #241: Miguel García González
Mér | 21:00 | 21:24
Miguel Ángel García González, natural de Portonovo, é doutor en Bioloxía. Dirixe o grupo de Investigación Xenética e Bioloxía do Desenvolvemento das Enfermidades Renais no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e tamén é adxunto de Xenética Molécular na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Engade ao seu currículo tres patentes.
Falamos sobre a medicina xenómica e o seu desenvolvemento en Galicia. Non é a Medicina do futuro, é a Medicina do presente, asevera. Lamenta o escaso investimento para I+D+I en España; unha rémora case global.