![Cara a cara #220: Jumber, BBoy pontevedrés](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/572/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/6010019265-600f1fcca4-20210125-patxot-alberto-perez-portela-radio-1052.jpg)
Cara a cara #220: Jumber, BBoy pontevedrés
Mér | 21:00 | 21:42
Nos Xogos Olímpicos de París 2024 catro novas disciplinas estarán presentes: surf, escalada, skateboard e breaking (breakdance). Jumber é pontevedrés, ten 23 anos, pertence ao grupo de breaking Flava Brothers e tamén está federado no Club Deportivo da Rúa da Coruña, o primeiro en toda España en pertencer á Federación Española de Baile Deportivo que é o que ampara aos BBoys e BGirls, denominación que se utiliza para quen practica breaking.
Jumber é o 'nome de guerra' de Alberto Pérez Portela, investigador titulado en Actividade Física, Deporte e Saúde; mestre graduado e monitor de tempo libre.