![Cara a cara #420: Falamos da Lei de benestar animal (I)](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/511/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/6502f0227f-20230913-patxot-luis-nunez-desire-1814.jpg)
Cara a cara #420: Falamos da Lei de benestar animal (I)
Mar | 17:00 | 17:27
O próximo 29 de setembro entrará en vigor a Lei de Protección dos Dereitos e o Benestar dos Animais. Unha normativa que non resultou de consenso para a súa aprobación; nin político, nin social. Entramos no contido desta Lei con Luís Núñez Desiré, presidente do Colexio de Veterinarios de Pontevedra e presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios de Galicia. "En evitar o abandono e os malos tratos como punto de partida todos estamos de acordo, pero tras ese punto de partida, á normativa séguenselle atopando baleiros e excesos", apunta.
Foto: Mónica Patxot