![Cara a cara #256: Lucía Lozano, sismóloga](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/48d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/61aa10b479-photo-2021-12-02-16-58-57.jpg)
Cara a cara #256: Lucía Lozano, sismóloga
Lun | 17:00 | 17:30
O volcán da Palma visibilizou o traballo de profesionais da sismología e vulcanología. Ben o sabe a invitada do 'Cara a cara', a pontevedresa Lucía Lozano López de Medrano que é sismóloga da Rede Sísmica Nacional pertencente ao Instituto Xeográfico Nacional, do mesmo xeito que o grupo de Vixiancia volcánica co que colaboran estreitamente.
Falamos con ela da súa experiencia profesional ante o volcán de Cumbre Vieja, de actividade sísmica en España, do excepcional que será este 2021 nese aspecto; de terremotos en Galicia e o importante que resulta a colaboración cidadá que percibe estes movementos sísmicos e tamén de dúas cuestións que transcendían o pasado agosto: a aprobación por parte do Ministerio do Interior dun Plan Estatal de Protección Civil ante risco de maremotos e un estudo do CSIC falando de risco real de tsunamis en España.