Cara a cara #364: Rafael Tarradas Bultó e 'La voz de los valientes'
Ven | 19:00 | 19:40
Rafael Tarradas Bultó desenvólvese profesional e empresarialmente na comunicación. Faio xa tamén no sector editorial, onde en tres anos publica tres títulos, 'El heredero' no 2020, logo chegou 'El valle de los arcángeles' e neste 2023 é 'La voz de los valientes'. Nesta novela os seus personaxes viven, sobreviven, tratan de sobrevivir e tamén espían na Segunda Guerra Mundial.
Resulta inevitable falando co autor, das súas novelas e de como se iniciou nisto de escribir, non facer mención á súa familia. Fillo do empresario Rafael Tarradas Gorchs e neto de Francisco Bultó, o fundador das motocicletas Bultaco, sobriño neto do asasinado José Manuel Bultó, sobriño de Álvaro Bultó ou primo de Sete Gibernau.
Foto: Carlos Ruiz B.K.