![Cara a cara #212: Silvia García](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/ce3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5f96d1eb07-20201026-patxot-silvia-garcia-radio-cara-a-cara-2487-radio.jpg)
Cara a cara #212: Silvia García
Mér | 21:00 | 21:23
'Nenas medrando' (Chan da Pólvora) é o primeiro libro que edita Silvia García González, profesora da Facultade de Belas Artes. Un libro que se sae dos canons ao uso xa que se sostén na fotografía e a poesía. Quen lea 'Nenas medrando' van atopar versos que falan sobre estereotipos de infancias felices, da propia feminidade, unha reflexión sobre o valor dun rastro material que deixaron persoas anónimas sobre as súas vidas. Un libro perfecto para a reflexión nun contexto, o actual, de sobreabundancia de imaxes impostadas, de selfies.