![Cara a cara #143: Alfonso Amado](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/20e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5c41dfca45-20190118-patxot-cara-a-cara-radio-neurologo-alfonso-amado-853.jpg)
Cara a cara #143: Alfonso Amado
Mér | 21:00 | 21:30
Pacientes, especialistas e centros médicos, todos eles usuarios da web Doctoralia, deron por segundo ano consecutivo a un pediatra pontevedrés o seu recoñecemento. Os denominados 'Doctoralia Awards' recoñecen o traballo dos profesionais subscritos á web nas súas respectivas especialidades e de acordo á calidade das respostas que os facultativos achegan na devandita web. Alfonso Amado Puentes é un mozo facultativo, especializado en Neuropediatría, que traballa na Clínica Amado.