![Cara a cara #36: Galicia Magic Fest](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/0fe/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5847d22c54-20161202-patxot-pedro-volta-cara-a-cara-001.jpg)
Cara a cara #36: Galicia Magic Fest
Mér | 21:00 | 21:24
Entre o 22 e o 30 de decembro as cidades da Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra poderán gozar dun espectáculo ideado e producido por un pontevedrés: Pedro Volta. Trátase do primeiro festival internacional Galicia Magic Fest. Unha gala de ilusionismo na que seis magos deixarán a toda a familia pampos. Nesta primeira edición, ademais de presentar, Volta tamén ofrecerá o seu espectáculo. Sobre o escenario acompáñalle Yunke, Charlie Mag, Ta-Na-Manga, Disguido e Huang-Zheng.