![Cara a cara #12: Carmela Silva](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/532/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5757fce2d9-20160606-patxot-carmela-silva-radio-010.jpg)
Cara a cara #12: Carmela Silva
Mér | 21:00 | 21:38
O próximo xullo cumprirase o primeiro ano da presidencia de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra. Un exercicio no que por primeira vez a entidade está presidida por unha muller e por un goberno coaligado de socialistas e nacionalistas. Durante este Cara a cara co redactor de PontevedraViva, Oskar Viéitez, Silva desvela a súa intención de someter a consulta dos alcaldes da provincia, a política de xestión dos recursos económicos que reciben da Deputación: ben o sistema que desenvolvía o goberno do PPdG, ou o sistema polo que optaron desde o actual goberno provincial.