![Cara a cara #459: Guadi Galego](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/7b7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/661410f8b0-20340127-guadi-galego-sintese-horizonte-en-ferrol-c-pixelin-photo-24.jpg)
Cara a cara #459: Guadi Galego
Mér | 17:00 | 17:18
Guadi Galego volve aos escenarios cun espectáculo pensado soamente para o directo: 'Síntese Horizonte'. Este sábado 13 de abril regresa ao Teatro Principal de Pontevedra despois de sete anos desde a súa última actuación. Fala do poder da música en vivo: "Isto é un espectáculo de vida e queremos que a xente entre nesa emoción. A primeira parte é un tanto desconcertante pero tamén a parte final é moi esperanzadora", explica. Avánzanos que é probable que 'Síntese Horizonte' teña polo menos outra data máis e tamén fala da súa presenza en festivais para este 2024, como será por exemplo o PortAmérica.
Foto: Pixelin Photo 24