![Cara a cara #448: Miguel Anxo Álvarez + 'Educación para la salud'](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/e8c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/65830fc138-miguel-def.jpg)
Cara a cara #448: Miguel Anxo Álvarez + 'Educación para la salud'
Lun | 17:00 | 17:27
O xerontólogo Miguel Anxo Álvarez González volve para falarnos da súa última publicación, 'Educación para a saúde. A prevención e o coñecemento, piares fundamentais para o envellecemento activo'. Un título que pretende "manter e mellorar a calidade de vida das persoas maiores e facer coincidir no posible a esperanza de vida coa esperanza de vida libre de dependencia". Calidade de vida que require de "benestar físico, mental e social" e os tres de actividade, dado que está demostrado cientificamente que o factor máis influente sobre a saúde é o estilo de vida.