Cara a cara #416: Miguel Martínez
Lun | 18:00 | 18:19
Miguel Martínez viaxa en outubro ao continente latinoamericano para participar por segunda vez no Festival Canción Punta del Este de Uruguai. Será o único representante de España e intervirá coa canción que el mesmo compuxo e escribiu: 'Solos tú y yo'. O cantautor de Combarro, Poio, fálanos no podcast do tema, do videoclip correspondente que tamén concursa e de moitos máis detalles da convocatoria para celebrar entre o 26 e o 28 do próximo mes.