![Cara a cara #185: Rocío Ramos-Paul](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/00c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5df7cb8d1c-5df7b41b21-20191216-saiz-cara-a-cara-rocio-ramos-0005.jpg)
Cara a cara #185: Rocío Ramos-Paul
Mér | 21:00 | 21:18
Rocío Ramos-Paul fíxose popular pola súa intervención nun exitoso programa televisivo. Seguiu colaborando en televisión e radio, escribiu varios libros e compaxina a súa profesión de psicóloga nun gabinete que leva o seu nome. Tamén imparte charlas, como as ofrecidas esta semana en Marín e Sanxenxo e o pasado novembro en Pontevedra organizadas polo CFR, (Centro de Formación e Recursos do Profesorado).
Charlamos con ela da tarefa de educar hoxe en día, do papel dos avós ante as demandas de conciliación dos pais nas familias actuais; ou de esforzo e responsabilidade na educación. Temos ademais unha parte de charla máis liviá na que dá a súa aprobación ou desaprobación a esas frases que engrosan o archiconocidísmo manual de frases de nai.