![Cara a cara #34: María Teresa Pantín Tascón](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/d24/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/583570889e-20161121-pontevedraviva-cara-a-cara-radio-maria-teresa-pantin-001.jpg)
Cara a cara #34: María Teresa Pantín Tascón
Mér | 21:00 | 21:19
Na semana en que se fai unha chamada de atención sobre a violencia de xénero (o 25 de novembro é a data sinalada no calendario contra este tipo de violencia) PontevedraViva Radio dedica algúns dos seus programas a este problema social. Neste Cara a Cara acompáñanos María Teresa Pantín Tascón, inspectora xefe da UFAM (Unidade de Familia e Muller) da Comisaría de Provincial de Pontevedra. Unha unidade en funcionamento desde hai dez meses e que investiga e protexe a vítimas de violencia de xénero, agresións sexuais, menores e infraccións no ámbito familiar.