![Cara a cara #303: Margarita Pacheco, a peiteadora da Virxe Peregrina](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/4f1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/62f1206309-62f11a5d32-20220808-saiz-poviva-radio-peluqueria-virgen-peregrina-005.jpg)
Cara a cara #303: Margarita Pacheco, a peiteadora da Virxe Peregrina
Lun | 17:00 | 17:23
Margarita Pacheco Argibay xubilouse. Corenta e cinco anos exercendo a súa profesión de peiteadora e sempre no Salón de Peiteado de Señoras Manolo, situado nas galerías La Oliva. Inicialmente como aprendiz e posteriormente como socia unha vez que o seu propietario traspasou o negocio. Nestes anos de actividade, durante máis de trinta, foi a peiteadora da Virxe Peregrina. Non foi a única, polas súas mans tamén pasaron as perrucas da Virxe dos Milagros de Amil ou da Virxe da Lanzada entre outras.
Coa súa xubilación ponse fin á historia deste salón de peiteado, unha das máis veteranas de Pontevedra e un establecemento que en diversas ocasións chamou a atención de viandantes por conservar a súa imaxe vintage.
Fotografía: Cristina Saiz