![Cara a cara #244: Os libros coleccionables do FICBUEU](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/463/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/614093c283-20210914-patxot-seve-casalderrey-2539b.jpg)
Cara a cara #244: Os libros coleccionables do FICBUEU
Lun | 17:00 | 17:41
Severiano Casalderrey, programador do Festival de Curtas de Bueu, FICBUEU,fálanos neste programa do libro 'O National Film Board of Canadá e a súa idade dourada da curtametraxe (1965-83)'. Un dos exemplares, que anualmente se sumarán a unha edición coleccionable coas curtametraxes como protagonistas.
A presenza do National Film Board non só estivo na presentación deste libro, senón que tamén contaron coa asistencia de Marc Bertrand, "un dos produtores máis relevantes a día de hoxe e que segue mantendo a esencia do NFB, de diversidade, creatividade e experimentación" e quen tamén presentou algúns dos seus últimos traballos en Bueu.