![Cara a cara #15: Rosa Cobo Bedía](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/386/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5773f9c6e1-la-foto-1-.jpg)
Cara a cara #15: Rosa Cobo Bedía
Mér | 21:00 | 21:18
Feminista, escritora, e directora do Centro de Estudos do Xénero da Universidade de A Coruña, Rosa Cobo ven de participar na Escola de Igualdade inaugurada este mércores 29 de xuño pola Deputación de Pontevedra. É tamén profesora titular de Socioloxía do Xénero da mesma entidade académica, e fala para PontevedraViva Radio de prostitución, de aborto, maternidade, "novos bárbaros patriarcales" e de violencia de xénero entre os máis novos.