Cara a cara #482: Edurne Cadelo + 'Mara, 22 canciones y un verano'
Xov | 18:00 | 18:17
Edurne Cadelo González publica 'Mara, 22 canciones y un verano'. Falamos con esta autora cántabra no podcast 'Cara a cara'. Escribe novela romántica, ou como a súa autora prefire definir, "historias de amor do bo".
O que inicialmente era unha escapada de fin de semana convértese nunha road trip xunto á banda musical do momento e a súa mellor amiga. É resumidamente o que lle sucede a Mara, a protagonista deste título, que ademais emprende unha viaxe "para buscarse e atoparse a través do espertar dos sentidos". A música é un ingrediente fundamental das súas novelas - esta tamén ten a súa playlist en Spotify -. Outro dos ingredientes do libro é a amizade, que no caso desta protagonista é ademais unha táboa de salvación.