Cara a cara #477: David Rodríguez e os irmáns Nodal
Mér | 17:00 | 17:44
Os pontevedreses Irmáns Nodal, Bartolomeu e Gonzalo, nacidos na segunda metade do século XVI, concluíron con absoluto éxito "a última gran exploración na época dos Austrias". Outro pontevedrés, David Rodríguez Couto, publica o primeiro libro que recompila con absoluto rigor aquel fito para a navegación española, a viaxe ao estreito de Magallanes e a Tierra del Fuego. Anos de investigación por todo o mundo se compendian no ensaio 'Imperio y reputación. El viaje de los hermanos Nodal y su mundo'. A Xornada do Estreito "foi unha das expedicións máis brillantes e ignoradas da Idade Moderna". Ademais da importancia política, xeopolítica e reputacional para Felipe III, o legado dos irmáns Nodal segue vixente.
O autor presenta o libro este mércores 29 en Madrid e presentarao o 4 de xullo en Museo de Pontevedra. Tamén estará ao día seguinte asinando exemplares na Festa dos Libros desta cidade.