Cara a cara #477: David Rodríguez e os irmáns Nodal

Cara a cara #477: David Rodríguez e os irmáns Nodal

Mér | 17:00 | 17:44

Os pontevedreses Irmáns Nodal, Bartolomeu e Gonzalo, nacidos na segunda metade do século XVI, concluíron con absoluto éxito "a última gran exploración na época dos Austrias". Outro pontevedrés, David Rodríguez Couto, publica o primeiro libro que recompila con absoluto rigor aquel fito para a navegación española, a viaxe ao estreito de Magallanes e a Tierra del Fuego. Anos de investigación por todo o mundo se compendian no ensaio  'Imperio y reputación. El viaje de los hermanos Nodal y su mundo'. A Xornada do Estreito "foi unha das expedicións máis brillantes e ignoradas da Idade Moderna".  Ademais da importancia política, xeopolítica e reputacional para Felipe III, o legado dos irmáns Nodal segue vixente

O autor presenta o libro este mércores 29 en Madrid e presentarao o 4 de xullo en Museo de Pontevedra. Tamén estará ao día seguinte asinando exemplares na Festa dos Libros desta cidade.

Cara a cara

Un ti a ti. Para coñecer un quen, un que, un cando, un como ou un porqué

RADIO.- Non defraudamos, despois de escoitar este podcast dirás que hai que reivindicar e visibilizar os irmáns Nodal

Por |

O pontevedrés David Rodríguez publica o primeiro libro sobre os irmáns Nodal e a súa expedición ao sur do estreito de Magallanes. "Unha das expedicións máis brillantes e ignoradas da Idade Moderna", que ademais dan nomes a un arquipélago do Pacífico, contido a un museo en Florida, documentais televisivos, expedicións submarinas e un roubo de dimensións internacionais. De todo isto e máis falamos en PontevedraViva Radio

 

Cara a cara #321: The Same

Lun | 17:00 | 17:21

The Same é unha banda de música AOR pontevedresa. Antonio Villanueva máis José Montejano, son dous dos integrantes.

Descargar
Cara a cara #321: The Same

Cara a cara #206: Mabel Lozano

Mér | 21:00 | 21:33

Mabel Lozano, directora e guionista de cine social. Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres e menores.

Descargar
Cara a cara #206: Mabel Lozano

Cara a Cara #177: Tomás Abeigón

Mér | 21:00 | 21:46

Tomás Abeigón, licenciado en INEF, campión de España de Fisicoculturismo e autor da investigación sobre a Bella Otero e Eugene Sandow.

Descargar
Cara a Cara #177: Tomás Abeigón

Cara a cara #161: Ana López Durán

Xov | 21:00 | 21:30

Ana López Durán, profesora da Facultade de Psicoloxía e coordinadora da Unidade de Tabaquismo e Trastornos Adictivos da Universidade de Santiago.

Descargar
Cara a cara #161: Ana López Durán

Cara a cara #147: Enrique Valero

Mér | 21:00 | 21:26

Enrique Valero, Doutor Enxeñiero de Montes, profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra e membro de varios comités consultivos da CE.

Descargar
Cara a cara #147: Enrique Valero

Cara a cara #127: Víctor Loira

Mér | 21:00 | 21:27

Víctor Loira, vicepresidente de ASEII, (Asociación Socio Sanitaria Educativa de Enfermidades Inflamatorias Intestinales e Ostomizados).

Descargar
Cara a cara #127: Víctor Loira

Cara a cara #40: Beatriz Ramírez

Mér | 21:00 | 21:21

Beatriz Ramírez Canosa é un exemplo dos mozos actuais. Preparados academicamente tiveron que buscar un futuro fóra. Fálanos da súa experiencia en Estados Unidos.

Descargar
Cara a cara #40: Beatriz Ramírez

Cara a cara #36: Galicia Magic Fest

Mér | 21:00 | 21:24

O I Festival Internacional Galicia Magic Fest chega este decembro con vocación de quedar. Seis ilusionistas compartirán escenario na Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra.

Descargar
Cara a cara #36: Galicia Magic Fest

Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores

Lun | 22:00 | 22:46

O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández, fai balance deste primer ano de mandato; ou o que é o mesmo, deste décimo sétimo exercicio presidindo o concello pontevedrés.

Descargar
Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores

Cara a cara #5: Gonzalo Sotelo

Mér | 21:00 | 21:34

Gonzalo Sotelo é un dos compoñentes do Equipo de Investigación de Delitos de Telemáticos da Garda Civil, na Comandancia de Pontevedra

Descargar
Cara a cara #5: Gonzalo Sotelo
Fechar