Cara a cara #476: Miguel Alberte ou un tributo a The Beatles y Clapton
Dom | 17:00 | 17:22
Miguel Alberte Melero volve poñerse diante dos micrófonos de PontevedraViva Radio. En agosto de 2018 gravaba un dos podcast de 'A playlist de...'. Naquela ocasión este mozo pontevedrés contounos que reside en Barcelona, que é graduado en Tradución e Interpretación e deducimos que, aínda que non hai un título académico oficial, é doutoramento honoris causa en Beatlemanía. Volve para que nos avance como está a súa traxectoria como músico. Viaxará por Alemaña, Francia, Eslovaquia e Hungría para ofrecer varios concertos co seu directos tributo a George Harrison e a Eric Clapton.
En agosto actuará na International Beatle Week en Liverpool. Fixouse neste pontevedrés Julia Baird, a irmá de John Lennon. Tamén tivo ocasión de coñecer a outra muller vinculada a George Harrison e a Eric Clapton, a icónica modelo Pattie Boyd, quen estivo casada con ambos. Para o imaxinario musical colectivo cabe dicir que foi quen inspirou cancións como 'Layla'.