Cara a cara #475: Carmen Romero + 'Esto no está pasando'
Sab | 17:00 | 17:26
Carmen Romero é unha moza popular pola súa faceta humorística. A súa traxectoria profesional pasa por redes sociais, medios escritos, radio, televisión e podcast, sempre no seu vis cómica. Actualmente ademais está a virar co seu primeiro monólogo en solitario, 'Chochito'. Charlamos con ela no podcast 'Cara a cara' con motivo da promoción do seu libro, 'Esto no está pasando'. Neste título escribe desde o humor negro e o sarcasmo para abordar unha experiencia persoal: o suicidio do seu irmán en xuño de 2016.
É un caso con nome e apelidos e é ao tempo un problema sociosanitario. O estudo dunha aseguradora mundial realizado polo Consello Xeral da Psicoloxía conclúe que en 2023 o 34% da poboación española recoñecía ter problemas de saúde mental, unha porcentaxe que crece desde 2021. Outro dato sintomático é que un 16% da poboación en España recoñece, ademais, que toma ansiolíticos, somníferos e antidepresivos unha vez á semana. Ademais, segundo datos da Fundación Española para a Prevención do Suicidio contabilizáronse 4.227 en España durante 2022, o que supón a maior cifra rexistrada nunca e con tendencia progresiva no último trienio.