Cara a cara #463: Xacobe Medina Dacasa e o Decreto Filgueira
Dom | 17:00 | 17:22
'Breve historia da normativización do galego'. Título do último libro que publicou o mozo pontevedrés Xacobe Medina Dacasa. É "un repaso histórico pola controversia que xerou o debate da normativización do galego por parte do Seminario de Estudos Galegos, que foi a primeira institución que promoveu unha normativa ata o 2003". O subtítulo aclárao moito máis: 'A verdade tras o Decreto Filgueira'. Investigou entre a bibliografía existente e tamén se entrevistou cos intervenientes no proceso de normativización desde 1975 e que a día de hoxe poden falar. De todo ese traballo de campo chega a unha conclusión que pode reavivar a controversia xa sinalada: "a verdade é que Filgueira Valverde non redactou o Decreto".