Cara a cara #455: Óscar Cruz, o guionista pontevedrés con 5 Mestre Mateo
Mér | 17:00 | 17:24
O guionista pontevedrés e metade da produtora Porco Bravú, Óscar Cruz, acaba de conseguir un quinto Premio Mestre Mateo pola webserie 'A arte de ser (mal) pai' (de Porco Bravú e producida por Miraveo), é guionista para o programa 'Malicia noticias' da TVG, forma parte do equipo do podcast 'El Nicho' de David Perdomo e tamén imparte clases de guión na Universidade da Coruña.
Volve a PontevedraViva Radio, onde foi artífice de 'La transición'. O galardón é o máis recente dos que vén acumulando desde o ano pasado esta webserie, como foi o Premio Mellor serie en Gallego e Premio do Público no Carballo Interplay; ou o Premio Mellor Episodio Piloto no Festival Serielizados.