![Cara a cara #419: Seve Casalderrey](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/06e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/650096c917-seve-2-def.jpg)
Cara a cara #419: Seve Casalderrey
Mér | 17:00 | 17:48
A décimo sexta edición do Festival Internacional de Curtas de Bueu está en pleno desenvolvemento. As case trinta proxeccións da Sección Oficial son o resultado da infinidade de visionados que previamente fai o seu programador, Severiano Casalderrey. É ademais autor dos Cadernos FICBUEU que van xa polo seu número catro e que nesta ocasión está dedicado ao realizador holandés Joris Ivens. Non deixamos pasar por alto unha circunstancia, desde este 2023 Seve Casalderrey tamén é membro da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Desde 2012 o é da Academia Galega do Audiovisual.