![Cara a cara #357: Manuel Vilas e 'Nosotros'](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/60a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/63ef89c226-photo-2023-02-13-18-36-48.jpg)
Cara a cara #357: Manuel Vilas e 'Nosotros'
Dom | 17:00 | 17:18
'Nosotros' é Premio Nadal de Novela 2023 que rubrica Manuel Vilas. Conversamos co escritor aragonés desta novela, en mans dos lectores desde este febreiro. Irene é o personaxe feminino eixo da historia que ofrece Vilas, unha muller libre que vive con e pola paixón que lle deu o seu matrimonio. O máis perfecto. Ou iso cre. Unha oda ao pracer, ese concepto "que aínda nos asusta" dinos o autor. A novela tamén evoca e reivindica o tempo e é ademáis unha road movie polo Mediterráneo.
Foto: Carlos Ruiz.