Cara a cara #353: Erick Pescador
Sab | 17:00 | 17:26
Erick Pescador Albiach é sociólogo e sexólogo. Especialista en xénero, igualdade, prevención de violencias machistas e masculinidades. Esta última semana estivo na provincia a pedimento do Centro de Formación e Recursos para o Profesorado (CFR) de Pontevedra.
Leva máis de dúas décadas traballando nestes temas. Colabora con entidades privadas e públicas, por exemplo, departamentos do Goberno. Un dos seus proxectos pioneiros é o Proxecto Ulises, que tivo unha das iniciativas piloto no IES Xunqueira I.
Foto: Mónica Patxot.