![Cara a cara #478: Carme Chaparro + 'Castigo'](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/eab/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/664e25d95f-chaparro-castigo.jpg)
Cara a cara #478: Carme Chaparro + 'Castigo'
Ven | 18:00 | 18:15
Na súa primeira novela, 'No soy un monstruo', Carme Chaparro conseguía cortar a respiración dos lectores ao poñerlles fronte á infancia como vítimas do seu relato. Volve facelo en 'Castigo' evidenciando as súas virtudes como autora de novela negra.
Falamos no podcast 'Cara a cara' coa popular xornalista. Fai case exáctamente un ano conversabamos con ela con motivo da publicación de 'Delito', o thriller anterior co que deu vida ao forense Santiago Munárriz, ás xornalistas Berta Gigliani e Iluminada Mellado e ao hacker Chiqui. Os catro incorpóranse agora a 'Castigo' coas súas novas circunstancias persoais e profesionais. Con eles Nines, unha muller que no día do seu aniversario esperta e agarda a reiterada cerimonia do seu fillo Jaime para felicitala. Con todo, o que atopará é a orella do neno dentro dun paquete de agasallo.
Paralelamente a esta intriga principal, Chaparro introduce debates como a maternidade, a muller e os cargos profesionais de responsabilidade, o tratamento da crónica de sucesos nos medios de comunicación e concretamente na televisión, o sufrimento infantil, as mulleres descarriadas, ou a intelixencia artificial. Xornalista e escritora da man para non deixar escapar a atención dos seus lectores nin unha soa páxina. Adictiva unha vez máis e xa van cinco.
Na anterior ocasión que contamos coa autora apuntaba que a promoción de 'Delito' coincidíralle cunha mudanza e esta vez, tamén se está adaptando a outro cambio. Mudou de horarios e empezado a presentar o informativo matinal de Telecinco.