La Cafetera #17abr2017
Mar | 08:30 | 09:45
A portavoz de Unidos Podemos no Congreso dos Deputados, Irene Montero, foi entrevistada na Cafetera de radiocable.com tras pasear por Madrid o "tramabús". Trátase dun vehículo que na súa carrocería leva debuxadas as caras de persoas como José María Aznar, Felipe González ou Jordi Pujol, a quen segundo a campaña iniciada por Podemos únelles a pertenza a unha trama. "Con tal de non perder os seus privilexios foron capaces de vender o seu país ás empresas estratéxicas, capaces de vender España e restar soberanía aos cidadáns con tal de non perder as súas posicións nesa trama", explica Montero.